Logo de tomarme un ibuprofeno e de estudar un pouco, quero contarvos a miña experiencia onte, teño ido a bastantes concertos pero nunca un tan emotivo coma o de onte. E é que só Ruxe Ruxe é capaz de que todxs xs que estabamos onte na Capitol pasasemos de bailar coma tolxs a case chorar, ou a chorar directamente, e logo volver a sentir felicidade e volver a berrar e bailar.
20 anos non se cumplen todos os días a pesar de que para eles deberon pasar coma 20 segundos, eu medrei escoitandoos para mín son parte da familia “por parte do Gatos” e que hoxe ruido xerminal exista tamén é grazas a eles, foi a Vituco ao primeiro a quen entrevistei por mor de un traballo de clase e foi deles e de meu pai de quen copiei o nome de Ruido Xerminal, xa que cando viñan de sorpresa ao Gatos (cousa que espero non tarde en volver ocurrir) meu pai sempre os anunciaba como RUido XErminal, creo que é obvia a razón, por iso que a primeira canción do novo disco teña como título “Ruido Xerminal” fixome saltar de emoción, pero tampouco nos enganemos saltei de emoción con todas as cancións que tocaron onte. Quizais non foi o concerto no que máis xente había pero si foi no que mellor “rollo” había e é que os que estabamos alí eramos todxs coñecidxs e se non coñecias a alguen prentabancho e xa estaba. Realmente foi unha noite máxica, un concerto único no que tocaron algunha que outra canción en acustico, facendo que todos os pelos do meu corpo se erizaran, igual que ocurriu cando os seus padriños, os Zenzar, subiron a tocar con eles. Por iso e por moito máis quero darlles as grazas e os parabéns por suposto, grazas non só por inspirarme e facerme bailar, berrar e cantar, grazas tamén por estar presentes na miña vida e que o “Sempre adiante” seña un dos meus lemas, grazas por facer camisolas tan chulas que enchen o meu armario, grazas por facerme coñecer xente fantastica e unirme con outra esencial na miña vida, grazas,simplemente iso. E é que ,a pesar de que neguen que os teñen, declarome gran fan de Ruxe Ruxe. Saude, sorte e moito rock and roll Carlota.C.R
2 Comentarios
|