En Melide temos moitas cousas boas, tamén moitas malas pero os trapos sucios lávanse na casa, temos doces tan saborosos como os melindres ou os ricos, temos festas, temos moita música e moitxs músicxs e temos a gran sorte de ter unha sala de concertos galega, española e nalgúns casos incluso internacional. Lendo o título do artigo, e sabendo quen o escribiu, todxs sabemos que falo do Gatos. Lín unha vez nun artigo do "Compostime" que se lle preguntas a un grupo galego con mediana traxectoria se tocou no Gatos e che responde que non só caberían dúas opcións: ben minte, ou ben a súa mente estalle a xogar unha mala pasada e non se acorda daquela noite, seguramente a causa do mellor licor café do mundo que se sirve alí. E é que polo Gatos pasaron dende grupos como Ruxe Ruxe, ata outros como Vetusta Morla ou outros como Bug Girl (Grupo australiano formado só por dous compoñentes), mesmo o ano pasado veu tocar Rodrigo Mercado, fillo de Rosendo, seguimos esperando a que volva con seu pai. Se buscas na rede información sobre o Gatos aparécenche 13.800 resultados en google en só 0,30 segundos, a maioría facendo referencia a concertos, e é que esta sala leva case trinta anos aberta, e dezanove ao cargo de Fernando Casal, máis coñecido como Nani, sí meu pai. É simpático que no insituto che manden cubrir os datos de teu pai e escribas "Nani Casal". Dende fai xa moitos anos cada venres hai actuacións, case sempre musicais a pesares de ter tamén recibido a magos, monologuistas e demáis artistas culturais. Bautizado coma "A catedral do rock galego" non é só rock o que sona no Gatos, folck, punk, hard core, indie, grunge e mesmo me atrevería a decir que algo de pop sonou algunha vez facendo retumbar esas paredes de madeira cheas de fotos, autógrafos, posters, billetes, cartaces....etc. O Gatos chegou a colaborar co 13, outro garito emblemático de Melide, para organizar un festival, o Trece Gatos Rock, ao que asistiron grupos como OBUS, Porretas, A Palo Seko e Kambotes entre outros. Este festival celebrouse só dous anos e nada lle tivo que envexar a outros. Pero falando de festivales a cousa non queda aquí, o ano pasado, este ano e espero que moitos máis anos o Gatos colaborou co IES de Melide para ofrecer o Eu presumo de Galego, festival que pretende normalizar e difundir a lingua galega a través da música e que contou con grupos da terra como son Kalekoi, Herba Grileira ou Cuarta Xusta, e outros grupos referentes galegos como son Nao, Superoito e Vituco de Ruxe Ruxe. Pero a cousa tampouco queda aquí e é que este mesmo ano tamén celebrou a primeira entrega do Piedra Fest, festival adicado a Piedra, batería de moitos grupos galegos, como motivo do seu cumpleanos, e que contou coas actuacións de Deseqilibrio mental, Ruxe Ruxe e Zenzar. Debo engadir que este festival debería chamarse María Piedra Fest, debido a que María, miña nai, outra inprescindible do gatos tamén cumple ese mesmo día. Nas paredes do gatos podes atopar incluso un cartaz das Agoraphobia cando eran punkies ou unha bandeira de "Nunca máis" que levamos a manifestación do Prestige de Madrid, pero todxs sabemos que de todo o que hai colgado nesas paredes o máis bonitos son dúas fotos, unha dunha nena tocando a batería, que veño a ser eu, e outra doutra nena cantando, que ven a ser miña irmá Claudia. Se isas paredes falaran poderían escribir cincocentas sagas como as de Harry Potter contando anecdotas e incluso me poderían decir como se coñeceron meus pais. Posto que o Gatos é un local que non entende de idades e polo que van pasando as distintas xeracións, non o digo só no meu caso, vexo xente que agora asiste aos concertos e que se aproxima a min por idade e meu pai cóntame que antes eran os pais desa xente os que viñan, e nalgúns casos incluso siguen vindo.Teño coincidido no gatos con moita xente, e tamén coñecido alí a moita xente, creo que é o único local onde estás bailando cxs amigxs e ao xirarte podes ver a algún profesor. Pais e fillxs, profesorxs e alumnxs, amigxs, compañeirxs de concertos.....moitas son as relacións que existen entre a xente que ven a desfrutar deste local. Pero non só é música o que pasa no Gatos,o futbolín tamén está moi solicitado e nas gradas , esas escaleiras (por poñerñes un nome) que hai ao lado da "casa" dos baños, sentaste cando che doen os pés de bailar, o billar emprégase máis ben como unha segunda barra e como lugar onde poñer a mesa de son e os altavoces, nas mesas de diante poucas veces te sentas, as sillas de tres patas son traicioneiras. É un misterio o que hai dentro do conxelador grande, chegaron a preguntarme se dentro había carne, realmente só hai xeo. Nadie ten claro cal é o baño dos tíos e cal o das tías pero a nadie lle importa porque realmente vas ao que esteña vacío.
Non podo dicir nada malo do Gatos pero é que realmente eu crieime alí, ser quen son permitiume coñecer moita xente, moitos grupos, moita música....Cando era pequena ía polas tardes a beber un zumo de piña e escoitar Soldadito Marinero de Fito & Fitipaldis mentras xogaba a camiñar só polas baldosas negras, agora que son algo menos pequena vou aos concertos de Superoito, entre outros, a bailar e cantar coma unha tola sen importarme se piso as baldosas negras ou as brancas. CARLOTA CASAL RAMOS, Herdeira do Gatos.
0 Comentarios
|