Pasaron xa máis de dúas semanas pero entre unha cousa e outra nom me puidem poñer antes a facer unha crónica sobre o Eu presumo de galego de este ano.
Quizais non foi o ano onde máis xente houbo pero foi no que eu meior mo pasei, era o que precisaba despois de unha semana estresada vendendo camisolas polas que teño que dar as grazas em primer lugar a Tamara por facer o debuxo tam guay e despois a Miriam, Uriela, Nerea, Sarai e Tania por axudarme a vendelas, pero o meu estres non rematou o día 27 cando me levantei. Como comprenderedes estaba nerviosa, e erguinme moi cedo, fixen o que fago todas as mañans e despois de uns ánimos de miña irmá e miña nai fun para o ies coma sempre. As tres primeiras horas fixéronseme eternas, a miña cabeza só pensaba em como saldría todo, cando por fin chegou o recreo tentei vender algunhas camisolas e chamáronme de Radio Melide para que falara um pouco do concerto, grazas a miñas amigas que me poñían caras mentres falaba por teléfono. A hora seguinte ao recreo pasou rápida, só pasei nela uns minutos despois Paco e Bocixa (membros de Zënzar que derom charlas no ies) avisáronme de que chegaram a Melide e funos buscar. As charlas forom bastante bem, a pesar de que a maioría dxs alumnxs foram uns desagradecidos e pasaram delas, Paco e Bocixa derom dúas charlas xeniais e eu desfrutei delas, grazas rapaces. Na hora de comer eu xa debería estar máis calmada, comigo estabam Paco, Bocixa, meu pai (o cal tardou en aparecer), Marga, Sonia (profesoras ás que tamém lles dou as grazas) e Marta e Friufe (Membros de 4xusta aos que claramente tamém lles dou as grazas). Cando os meus nervios case estabam desaparecido chamarom a Marta decíndolle que Aida (cantante de 4xusta) nom ía vir ao concerto, e como comprenderedes todos os nervios me volverom, sobre todo cando insinuarom que se nom viña ía ser eu quem cantara, grazas pais de Aida por deixala vir ao final e permitir que me puidera relaxar. Despois de comer chegarom o resto de membros de Zënzar e 4xusta, ademáis dos de Nuada, grazas a todxs elxs <3 A pesares de comezar tarde as probas de som e por consecuencia empezar com unha hora de retraso o concerto nom me estresei, isto débollo á cámara que me deixarom no ies coa que disfrutei facendo fotos, grazas tamém a todxs xs que me animastedes e me intentastedes relaxar, mencióm especial a Alba, baixista de 4xusta e a Sara, gram modelo meior persoa. O concerto empezou e Virginia, Ángela e Hilda, entre outras, fixéronme o gram favor de quedarse um anaco na porta repartindo as entradas. A festa empezou forte com Nuada, seguiu com 4 Xusta e rematou com Zënzar, nese periodo de tempo ocurriu de todo, dende pogos(Que me deixarom moratons durante días) ata um pequeno desmaio que agradecemos fora unicamente um susto. Todo o meu estres marchou com cada berro, salto, empuxom e foto. Moitas grazas a todxs xs que viñestedes (sobre todo xs que me aguantastedes), moitisisimas grazas aos grandes artistas de Nuada, 4 Xusta e Zënzar, grazas ao concello pola carpa, grazas ao ies (pola cámara sobre todo) e grazas ao gatos e a Marga por permitirme e axudarme a organizar cada ano o Eu presumo de galego. Se todo vai bem (que espero e creo que sí) este é o último ano que eu pasarei no ies de Melide, e polo tanto o ultimo ano que organizarei dende alí este concerto, dende aquí fago um chamamento ás novas xeracións para que continuem presumindo de galego, teñem toda a miña axuda a disposicióm porque eu sempre seguirei presumindo de galego, seña dende o ies ou dende a miña casa. Saude, sorte e moito rock and roll Carlota CR, Carlota do Gatos, galegofalante.
1 Comentario
|