Cando me propuxeron en TIC facer un formulario de google pasei dous días ideandoo e quedei moi contenta co resultado final. Os problemas comezaron a chegar cando tiven que enviarlle os meus contactos dito formulario, habia a xente que ao abrir o formulario con un buscador diferente ao de Google non llo deixaba abrir, a outra o rematar de cubrir o cuestionario non llo deixaba enviar, a outra as palabras das preguntas mezclábanselle formando frases raras e demáis problemas e dores de cabeza que me deu este formulario. O formulario era sinxelo, oito preguntas comuns para todxs e despois dependendo de se escoitaras música en galego ou non tiñas unhas ou outras preguntas, sorprendentemente non me respondeu naide que non escoitara nunca música en galego. Polo que todxs xs que cubrestedes este formulario respostastedes as mesmas preguntas. Estas foron as respostas que recivín: Localidade onde vives: Por qué escoitas música en galego? Cando e porque comezaches a escoitar música en galego? Onde te informas da música galega? Saco moitas conclusións despois de realizar este formulario, a primeira e máis importante é que hai xente que se informa da música galega en Ruido Xerminal, e eso encheme de orghullo, ademáis da xente que puxo o meu nome para respostar a onde se informaban da música galega, o cal me fixo moita gracia. Moitas grazas a todxs por axudarme com este formulario, lémonos na próxima. Saude, sorte e moito rock and roll Carlota
0 Comentarios
|