LEMBRAR forma parte do proceso de esquecer, unha persoa non é máis que un conxunto de lembranzas e, aínda que algúns semellan que non o son, non podes deixar de ser persoa, non mentres estás neste mundo. LEMBRAR non é malo, todxs soñamos con revivir momentos pero nunca nada pasa dúas veces do mesmo xeito. Cando lembras de algunha maneira revives, volves case a sentir o mesmo: ao teu nariz volta o cheiro do momento e na túa mente acontece o mesmo. O bó de LEMBRAR é que podes cambiar as cousas para "facelas ben", podes incluso dicir o que non dixeches. Pero a min non me gusta "facer as cousas ben", quizais é que non sei, que nunca "fixen nada ben". O malo de LEMBRAR é que queres revivir o momento de verdade, e non se pode. Pero LEMBRAR é necesario. LEMBRAR é un erro.