Tal como dín os Ruxe Ruxe nunha canción "estou viva, respiro", e Ruido Xerminal volve a facelo, a estas alturas non é ningunha sorpresa que volte escribir, se algo me caracteriza a mín e a Ruido Xerminal son as idas e as venidas. Coma sempre que volto traivos novas, a primeira como nom podía ser doutra maneira é publicidade: QUE CUARTA XUSTA PRESENTAN O SEU PRIMEIRO DISCO E NO GATOS, HOXE AS 00 TODES ALÍ!!! ADEMAIS ESTARÁN ACOMPAÑADAS DE NUADA!! A outra nova ten que ver co 8m, o día da muller traballadora e é que vos presento unha nova sección de Ruido Xerminal (Porque non me chegaba coas que había) "MULLERES TRABALLADORAS DAS QUE ESTOU RODEADA" Como non a primeira das mulleres tiña que ser a matriarca da familia Ramos: |1º HISTORIA|
Josefa Penas Rodríguez, 69 anos.Vive en Monte Alto aínda que ela é de Vilamor. Traballou toda a vida: cando era pequena traballou no campo "Con 7 anos xa andaba tralas vacas, e con 5 anos xa cuidaba a miña abuela que era cega", aos 26 anos comezou a traballlar na froitería que co seu marido Vicente, logo regresou ao campo dedicandose "outra vez as vacas" , máis tarde descubriu a súa gran pasión, a cociña, e traballou de cociñeira,logo de pescadeira, coidadora, limpiadora e antonte, día da muier traballladora, non foi menos, levantouse e coma todos os días fixo as labores domésticas ademais de cuidar do seus netos. Viviu o machismo toda a vida e aínda que cre que en comparación a antes algo evolucionamos afirma que "Inda queda moito por facer". Considerase feminista "A igualdade ten que ser na casa, na oficina ou onde sexa. Que se elimine a brecha salarial e que o goberno dea resposta, que poñan a lei encima da mesa e se cumpla!" Ela é miña avoa, ela é a que me cantaba "Pico pico mazarico" para que me quedara durmida, ela é unha muller traballadora e se para, o mundo para. CARLOTA C.R, neta de Josefa, tamén coñecida como "Pepa Docamal".
1 Comentario
|