Sei que despois de tanto tempo debería pedir disculpas por manter morto Ruido Xerminal. estivo em coma, pero resucitou e volve máis forte ca nunca. Como a maioría de vós sabe empezo unha nova etapa na minha vida, acabei segundo de bac. e selectividade (e sí, está aprobada de sobras), e polo tanto tocame decidir que facer o próximo ano coa minha vida, pero diso e do agobio do bacharelato en xeral non imos falar agora, imolo deixar para outra volta. Pero non son eu a única que comeza unha nova etapa, Ruido Xerminal faino comigo, e as sorpresas iran chegando de unha en unha proximamente. por agora presentovos a nova sección de poemas porque toda cultura ten aquí cabida. Este ano entre outras moitas cousas a pesar de non compartilo con vós presenteime ao concurso de reporteiros xuvenis de prensaescuela, unha proposta de "La voz de Galicia",. quedei moi contenta co traballo que presentei e por iso queroo compartir con vós, agardo que vos guste, e lemonos na próxima que desta vez, prometo non tardará tanto. Cultura: Entendo por cultura o conxunto de crenzas, coñecementos e costumes que conforman e identifican a un pobo, e penso ademáis que quen ten cultura é privilexiadx, sen embargo ultimamente observo que a prensa, a televisión ou calquer medio de comunicación estan potenciando a cultura extranxeira deixando marxinado o que teñen diante dos ollos. Tendo en conta que a xente soo consome o que din os medios é entendible que a sociedade non coñeza a súa propia cultra e mesmo pense que non a hai. No meu caso a rama da cultura que máis coñezo é o fillo pobre, a música, e o estilo (sendo bastante xeral) do que máis controlo é o seu fillo bastardo, o rock. Está moi ben coñecer artistas procedentes de todos os lugares do mundo, na miña galeria musical hai artistas ingleses, españois, alemans, chilenos, estadounidenses...pero, por suposto, a maioría son galegos. Con isto non digo que non debamos saber do de fora, nen que reixeitemos del, non fagamos o que nos fan, simplemente digo que se deberia promulgar o noso. Cando un partido de futbol galego xoga a nivel estatal, da igual de cal señas tí, que se es galego, valo apoiar; por que somos tan patrioticos cos deportes, por exemplo, e non coa cultura? Dende o meu punto de vista, isto débese a pouca, ou nula, visibilidade. Ao contrario do que moitxs pensan, a música galega non é unicamente folk, a nosa banda sonora non son só muiñeiras e pasodobles, isa é a nosa base pero sobre ela houbo quen construiu mundos. E temos programas que supostamente promulgan a nosa cultura, en calquer casa galega se viu o máis famoso deles algún venres á noite, ou domingo á tarde, pero alí non sae nen un 5% do que é realmente todo o panorama cultural galego que está nas rúas, porque non é comercial, non vende, a quen lle interesa que se coñeza? A respota da última pregunta berraría un "A min" ben forte, e por iso pidovos que vos informedes, as novas tecnoloxías axudan a poder facelo, pero non abondan. Hai moitas salas de concertos, pubs, centros sociais e demáis locais galegos, saide da casa, ide a alí, coñecede músicxs e grupos, e escritorxs e libros, e de todo tipo de artistas. A cultura nunca estorba, sempre axuda, incluso se o teu único obxetivo de vida é ligar.Por iso, na miña opinión a personalidade dunha persoa está formada na súa maioría de cultura e cando esta escasea, tamén o fai a personalidade. Porque a cultura debería estar presente en calquer ser human e debería impartirsenos dende que nacemos, consideroa máis util que moita información que tiven que chapar e aprender durante a miña curta carreira estudantil, porque coa cultura, ao contrario que co resto de información, aprendo non só contidos se non que aprendo a vivir, e a sentir. Saude, sorte e moito rock and roll.
CARLOTA
0 Comentarios
|