*Todo o que vas ler agora é a miña opinión, respetaa igoal que eu respeto a túa* Eu son de Melide, vivo aquí dende sempre e polo tanto dende sempre fun ao San Roque, as festas grandes de Melide que comezan a semana que ven e polas que todxs se emocionan. Como en case todos os pobos as festas consisten en ir pola tarde e noite a festa e espertarte pola mañá a causa das bombas que non teñen máis obxectivo que chamar a atención dos pobos cercanos, porque claro, empapelar toda Galiza con cartaces e poñer luces de cores por todo o pobo non é suficiente. Non teño nada en contra dos cartaces, eu mesma os miro para enterarme das cousas, e contra as luces de cores tampouco, a pesar de que as de este ano sigo sen entendelas, son raquetas de badminton? Ovos de pascua? Globos? Nadie o sabe, contra o que si teño algo que dicir é contra as bombas, nom lle atopo o sentido e menos a esas horas da mañá, aínda que sexa festa eu preciso durmir e coma min máis xente, sobre todo tendo en conta que a festa FESTA é pola noite. Falemos agora do que ven sendo a festa, non me refiro a causa pola que se fai que ao final a pouca xente lle interesa, se non do que se oferta, o que pon nos cartaces, o que me cabrea. Primeiro observemos o cartaz: Os días 12,13,14 e 15 temos un mercado medieval que adoro, e do que non teño nada malo que dicir, é durante o día pola zona vella de Melide e vale a pena ir.
Falemos agora do espectáculo que supostamente tería que agradar aos habitantes de Melide, pero solon traen orquestas (Panorama, Paris de Noia, Combo Dominicano...) ou grupos pop (Merche, Maldita Nerea..), o único día diferente é o 14 que son grupos da Terra de Melide que fan folck (Os Melidaos e Leirabuxo). Eu chego a comprender que do que máis goste a xente sexa das orquestas e da música pop, eu odio ambas cousas, sobre todo as orquestas, non entendo como á xente lle poden gustar, musicalmente é unha melodia básica a que acompaña unha ou varias voces cunha letra case sempre machista, xs músicxs as veces nin sequera tocan en directo, pero esto non quere dicir que non haxa grandes músicos nalgunha orquesta, ao final naide se fixa nelxs, a xente só vé as dúas tías en bragas cantando e aos dous tíos que parecen sacados do casting de "Mujeres, hombres y viceversa" estes catro teñen unha coreografía que o seu público sabe, pero respeto que haxa a quen lle guste, o que vexo inxusto é que as festas do meu pobo se baseen só niso, catro días vendo diferentes grupos que fan o mesmo, non só me refiro a estilo se non que tocan os mesmos temas, o ano pasado o último día viñeron grupos de rock que eran de Galiza e penso que tiveron bastante boa acollida, porque un só día no San Roque non se baile bachata, reaggeton ou pop penso que non pasaba nada e todxs contentxs. Incluso penso que sería boa idea que tocara algún grupo da Terra de Melide, porque os hai e non só de folck. "Pero Carlota, tes o día 14 !" Pois sí e é o único día que irei de boa gana a ver o espectaculo, "Entón xa tes un día algo distinto" Sí, iso é certo pero con que houbera un grupo algo distinto outro dos días non pasaba nada creo eu, para o meu consuelo, e facendo publicidade coma sempre, teño o Gatos, onde poderei escoitar algo distinto e pasalo ben igoalmente, deixovos o cartaz. Podedes darme o voso punto de vista nos comentarios sempre que respetedes. Saude, sorte e moito rock and roll CARLOTA.C.R
5 Comentarios
|