|
|
|
|
En Melide temos a gran sorte de contar con unha sala de música galega, española e incluso, nalgúns casos internacional, o Pub Gatos, bautizado por Vituco Neira (Cantante de Ruxe Ruxe) e por David Vazquez (Cantante de Rabia Positiva) como a Catedral do Rock Galego, algo que enche de orgullo a Fernando Casal, máis conocido como Nani, quen xa leva máis de dezaoito anos co Gatos. Este pub é un gran referente de música e de mocidade polo cal pasaron grupos tan grandes como son Ruxe Ruxe e outros que inda se están formando como Biribirlocke ou Aspergillus de Coira, os cales o venres doce de decembro do ano pasaron tocaron nesta gran sala, e nós tivemos a sorte de entrevistar a os vocalistas de cada un destes grupos, David (Aspergillus de Coira) e Benja (Biribirlocke).
Nós:A que se debe o nome dos grupos? Benja: Ven de que estabamos casi todos os do grupo facendo un musical, menos os ventos que son de Rianxo, e había unha rapaza que no musical dicía a típica frase de “Por arte de Biribirlocke”, e ao final quedou Biribirlocke e así foi se che son sinceiro estabamos moi rallados co nome do grupo. David: Aspergillus de Coira ven porque o local onde ensaiábamos inicialmente cando nos xuntamos e creamos ente proxecto estaba cheo de humidade e de fungos e entón de fungo pasamos a aspergillus e de Coira porque é onde ensaiamos. Cales foron os vosos comezos? B: Comezamos tocando de carallada na casa o final foronse traendo uns a outros e así foi,eramos uns rapaces de bachiller e ao final mira ti. D:Os nosos comezos xa se remontan moito atrás fai mais de dezaoito anos pero non como grupo se non como músicos individuais en diferentes grupos, que agora fai tres anos mais ou menos decidimos xuntarnos e crear este novo grupo, facendo temas propios e chamandonos Aspergillus de Coira. Por que compoñedes en galego? B:Nós compoñemos en galego e tamén temos algunha canción en castelán. En galego porque nos sentimos cómodos falando o hai algúns temas que ó mellor están en castelán porque o lle cadraba mellor a unha melodía e entón ia todo o tema en castelán. Pero non nos importa compoñer nin en galego nin en castelán. D:Nós as letras témolas compostas en galego dende o primeiro momento porque entendemos que encaixan mellor ca filosofía do grupo, xa que é o idioma no que nos comunicamos habitualmente e sinceiramente préstanos máis ademais é o idioma propio do pais . En que vos basades para compoñer? B:Normalmente nós primeiro traemos unha base de guitarra ou algún instrumento e de ai sacamos melodías e según o que nos suxira esa música escribimos unhas letras, ás veces o mellor facémolo o revés e escribimos unha letra e buscamos encaixar unha musica ou outra D:Nós imos aportando cada un,tanto na parte instrumental coma na letra e logo no encaixe de letra coa melodía, así e van xurdindo os temas ata onde a liberdade e creatividade queiran chegar. Neste caso a unha serie de temas que estamos presentando agora. Hoxe en día están moi de moda as coñecidas “boy band ”.Qué tipo de grupo diriades que sodes vós e que música facedes? B:(Risas)Sacan cada termo. Nós non nos encaixamos en ningún tipo de música, facemos rock incluso hai quen nos encaixa no punk pero non temos un estilo definido que digamos isto é Biribirlocke, ou estes parécensenos e un pouco complicado. Salíu isto e é o que hai non nos encaixamos e ningún lado pa min é moi difícil definir D:Nós influencias temos moitas, todos aqueles grupos que fan fusión de rock con electrónica que é algo que tratamos de destacar. O noso compoñente electrónico é importante, as letras son fortes, as melodías contundentes e unha base instrumental bastante forte , nese estilo musical hai moitas bandas pero que fan galego lamentablemente non hai moitas , e nos pois apostamos pois xustamente por iso, defender por unha parte aquela proposta polo rock industrial ou electrónico con letras contundentes e de crítica social. Influencias como dicía hai moitas algúns grupos británicos como Cold Play, música rock un pouco máis contundente Tedes algún grupo musical como referente? B:No como che dixen antes non nos podemos encaixar, moitas veces si que hai moitos estilos de música que nos fan chegar ao que facemos pero non hai un grupo específico que digamos pois si que nos parecemos a este royo, nunca chegamos a encontrar a ese grupo mais simil a nós. D:Para nós Biribirlocke é un gran referente por iso estamos hoxe moi contentos de estar aquí en Melide a parte de facendo unha entrevista con vós, imos tocar con eles ademais Biribirlocke e nós somos da mesma comarca alí ó lado de Compostela. Influencias as que hai de moitos anos como Ruxe ou Medomedá.Pero estamos influenciados todos de todos. Que ensinan as vosas cancións? B:Ensinan Biribirlocke, é un conxunto de ideas non destaca ningun. De feito no disco non puxemos letra de.. puxemos Biribirlocke somos unha banda e bamos todos xuntos. D:E nos o mesmo. (Risas) Pensades que o galego se aprende escoitando e tocando? B:Home claro que o galego se aprende en todos os lados pero eu creo que o galego se mama na casa. Por suposto que estou orgulloso de que haxa grupos tan bos que o fagan en galego pero o galego mamase na casa e punto. D:Para nós é fundamental, unha parte máis do grupo e de porque existimos como tal.A día de hoxe utilizámolo en todas as letras considerámolo o máximo, sobre todo tendo en conta que cada vez se utiliza menos ademáis tratamos de incentivar o seu uso xa que é o idioma propio de Galicia e nas letras tratamos de transmitilo. Pensades que o feito de que as letras das vosas cancións estén en galego afecta negativamente a vosa proxección a nivel estatal? B:Nos temos letras en castelán pero casi todas son en galego, nunca renegamos do castelán porque algún de nós fala castelán, eu falo sempre en galego,hai xente que triunfou cantando en galego é difícil porque ten mais trabas que o mellor cantar en castelán pero é o que hai. Esta claro que moita xente non entende o inglés e escoita musica en inglés que bueno si o inglés é máis fácil para compoñer porque as palabras cadran mellor, son palabras mais curtas.Pero si naide rompe esas fronteiras toda a vida vai ser así e nunca vai haber un paso adiante. D:Depende como se mire , eu realmente como me sinto cómodo e iterpretando en galego e temos abertas moitísimas portas como é Portugal e Brasil os países luxófogos ademais dentro de Galicia podemos tocar en mogollón de sitios.Tamén hai grupos como Ranster que falan en alemán e son conocidos a nivel mundial. O idioma non é unha barreira para poder chegar ou non, agora ben a todos lle gusta que entendan polo menos as súas letras. A música esta por riba de todo iso e o galego entendese perfectamente en noutros lugares do estado. Cal foi a cousa mais rara que vos pasou nun concerto? B:Houbo cousas moi boas e cousas moi malas así como rara rara, nun concerto non fai moito en Negreira no que tiñamos moitísimas espectativas porque ademais era primeiro concerto no que se ivan xuntar todos os ventos ,pero afinaron as guitarras sen darse de conta en outra tonalidade e os ventos non sabían que facer e foi un cristo bastante grande a verdade. Pasámolo todos bastante mal foi o peor concerto e a cousa mais extraña que nos pasou. (Risas) Menos mal que parecía que a xente non o notou moito e tiramos para diante. D:Nos temos moitas anécdotas de ensaio porque realmente comezamos o mes pasado con isto que nomeamos “Xira” e faremos dous concertos cada mes. Realmente este e o terceiro pero temos unha anécdota moi boa de fai un certo tempo. (Risas) Tiñamos unha actuación dun videoclip e estabamos tocando cando nos demos de conta de que Pablo o que toca o piano lebaba uns zapatos de charol como da primeira comunión e pouco mais temos que cortar porque dábanos a risa e non dabamos interpretado e todo polos zapatos de Pablo, que por certo non sei se os trae hoxe postos. (Risas) De todas a vosas cancións cal é a vosa preferida e que representa para vós? (Enlace das cancions ó final) B:Non temos ningunha preferida pero por destacar unha Corzos, que é a canción himno por así dicilo do grupo e fala de nós . Tamén Xabaxeración. D:Reencontro é un tema con moitísima forza ou Queima que fala da terceira guerra mundial que esta por chegar. Que lle diriades a xente que di que non escoita musica en galego excusando que non hai bo rock, boa musica en xeral? B:Eu cada vez que vou onde Vituco ó planeta Furancho( Programa que recentemente quitaron da radio galega musica) flipo porque hai uns grupazos que fan música jodidamente boa, non che digo máis. Que lles diría? Investiga un pouco e escoita un pouco mais que hai grupos que vale moito a pena . D:Quen realmente diga iso e porque ignoramento e non saber porque a calidade non depende do uso do idioma. O de gustar ou non depende do propio estilo que lle guste a un o a outro e hai grupos de calquer estilo en galego. Se tivésedes que vivir nunha botella de que seria? B:(Risas) De licor café teñóo moi claro D:(Risas)Dependendo do día en Galicia hai moi boas augas, pero hoxe e estando onde estamos diríache unha de wiski. Moitísimas grazas por esta entrevista e que vos sigamos escoitando durante moito tempo. B/D:Grazas a vós. E isto é un exemplo dos moitísimo grupos galego que hai, de todos os estilos a demais, agardo que vos gustase esta "Conversa Musical". SAUDE SORTE E MOITO ROCK AND ROLL CARLOTA
|
|
|
|