Dispúxenme a sair a rúa para preguntarlle á xente que é para ela a música na Galiza, e esto foi o que me respostaron, mantiven o idioma orixinal das respostas porque o idioma é libre.
É un termo moi amplo, están as bandas que tocan nas festas, as bandas tradicionais, grupos con xénero....Ademáis que sexan en Galicia non quere dicir que sexa en galego, pero se o é gustame que a música, unha das miñas artes preferidas, sexa o vehículo desta lingua. Adrián A música en galego para min é moito, porque o idioma ten algo especial, é máis bonito, máis doce por así dicilo. Só nós comprendemos o que nos quere dicir, é o refuxio do castelán, é algo que non nos poden quitar....É maxia. Isa Para mín a música é a miña vida. Tanto a música tradicional como a música de calquera outro tipo. Non podería vivir sen ela. Anónimo Para min a música en galego non é so música folck e tradicional, que tamen é xenial e me gusta, para min a música en galego é tan boa como outra calquera, hai grupos mellores e outros peores, pero como en calquer idioma, non considero que a música de Galiza sexa distinta de calquera outra do mundo. Anónimo A música en Galicia creo que está infravalorada. Anónimo Unha boa tradición que se debe conservar. Anónimo A música é a forma de transmitir sentimentos, cultura, emocións. E se falamos da música tradicional a forma de amosar a idiosincracia e identidade dun pobo, a súa forma de sentir a vida. Ali Unha forma determinada de expresarse e de disfrutar os pensamentos doutra xente. Marta Sonido. Anónimo Para min a música é a forma de expresarnos na nosa zona e poñer o noso grao de area na música do mundo. Anónimo Nunca me parara a pensalo, supoño que é unha forma de darlle prestixio a lingua. Anónimo Podes sentirte agusto e compracido avistando o mar, visitando milleiros de lugares ou quizais mergullándote nunha gran novela. Non entanto para min a música faime sentir relaxación, o desfrute, a tranquilidade e a loucura a vez, sentir a soidade e o acompañamento faime sentir a persoa que son, xa que fun conformada rodeada de notas musicais e unha melodía envolvente. A música como xeito de vida. Lidia Para mí la música en general es una forma de divertirme y pasármelo bien, da igual dónde. Laura Un cachiño de nós que dí como somos e como vemos o mundo. Martín La música es una manera de que la gente exprese lo que siente o lo que piensa en un modo en el que se sienta a gusto. Azul A música para mín é todo, ou case. Joserra Para min a música en Galiza é o mesmo que a música en calquer outro lado, expresión. Calquera persoa que pense ou sinta nun idioma se expresará nel, na música ou en calquera disciplina artística. Nadia É outra dimensión, é unha forma de escape desta sociedade moderna, e de expresar os pensamentos e sentimentos da forma máis cómoda e clara, no noso idioma, a música é o que lle da sentido o día a día que vivimos, e se é música da terra que nos deu a vida.......imaxinaste algo mellor? Alberto Friufe Para mim a música em galego e da Galiza é umha maneira de expresar-se, de reivindicar e protestar e como nom de passa-lo bem como qualquer música mas esta é a nossa. Tristán Unha realidade cultural asombrosa pola súa cantidade e calidade. Sempre en loita e producindo cancións dende un underground arredado do poder, do comercial e de discursos cómodos e insípidos. Vituco Neira Pararápachín, pararápapá. Nani Gaitas y esas cosas que yo no escucho. Anónimo A mí me da igual el idioma mientras me guste la canción. Anónimo A música en Galiza é unha linguaxe esencial de comunicación e de expresión da nosa cultura e da nosa identidade. Josefa Pois non sei, para min a música en xeral góstame moito, e cando atopo grupos en galego pois góstame máis porque é a miña lingua e todo o que pode expresar unha cancion se o fai na miña lingua, identificome máis con ela e sintome máis agusto escoitándoa. Meria Unha arte completa, perfecta, única e totalmente expresiva. Lucas Se e falas de música en Galiza penso en grupos como NAO, Dios Ke Te Krew, Siniestro Total e Herdeiros da Crus, pero tamén penso nas típicas gaitas e tal, penso nas dúas. Lorena Para mín a música en galego está infravalorada e moi pouco potenciada. Eu véxoa como un iceberg, só se ve a punta e a parte maioritaria está sumerxida e hai que saber algo do tema para sequera saber que existe. É moi diversa con diferentes grupos, que fan diferentes xéneros, como pasa con todas as culturas globalizadas. Pero a miña impresión é que o único que se está a potenciar dende as institucións é a música tradicional e o folck, coma se en Galiza non existiran outros xéneros. Diego QS Unha forma de escoitar, facer ou tocar música para facer todo millor do que farias sen ela pero na nosa lingua, o galego. Anónimo Unha expresión das inquedanzas, dos costumes e da cultura da Terra. Pablo Unha música máis cercana xa que ao empregar o galego sentímonos máis identificados. Ademáis de ser unha parte da nosa cultura. Anónimo Bueno, para min a música cantada en galego é un estilo respetable e non teño nada en contra del. Pero persoalmente prefiro escoitar outros estilos, e coa letra en castellano. Anónimo. Igual que todos os tipos de musica que existen, é algo moi importante para moitos e que debería respectarse, que estamos xa no 2016 e parece mentira que non se faga. Eu non escoito ese tipo de música pero respétoa, é parte de onde vivimos. Tamara Per a mi la música de Galicia es cultura, poster no l' escoltem gaire per aquí pro es bona segur. Andrea Ba música ona galegoz. Anónimo
0 Comentarios
O que vos presento agora son casos fictícios que están basados en experiencias reais que me contaron ou que eu mesma vivín. Se queres compartir comigo algunha vivencia tua só tes que contarma.
EXCUSA 1 : (Conversa entre dúas amigas ao sair do instituto) -Vou ir a un concerto a Compostela maña, queres vir? +Qué grupo toca? -Ruxe Ruxe. Vente anda! +Non, é que eu non escoito folck entón grupos galegos non escoito a ningún. SOLUCIÓN 1: Miña querida amiga, teño que dicirche varias cousas. A primeira é que deberías documentarte sobre Ruxe Ruxe, é un grupo que paga moito a pena e que fai "Rock do país", é dicir mestura elementos do folck, como pode ser unha gaita ou unha pandeireta con música rock e letras de carácter crítico social. A segunda é que en Galiza, como xa puideches comprobar con Ruxe Ruxe, hai moitísimos grupos de moitos estilos diferentes, o folck é a música típica de Galiza pero non por elo é a única, dime un estilo e digoche un grupo. EXCUSA 2: (Dous amigos un día facendo botellón) -Tío pon música! (Pon unha canción de "Dios que te Crew") -Tío, non poñas música en galego, que van pensar que somos nacionalistas! SOLUCIÓN 2: Non por escoitar música en galego eres nacionalista, igual que tampouco é necesario que fales galego habitualmente e incluso me atrevo a dicir que non é necesario que o entendas. Pensa no caso do inglés, a xente que escoita música en ingles non sempre o fala, hai xente en Galiza que fala galego e escoita música en inglés. Agardo que vos gustaran istas malas excusas coas suas respectivas solucións, enviame os teus casos! |